TEMA 3: A industrialización das sociedades europeas

A Revolución Industrial* é o resultado das transformacións económicas e tecnolóxicas que se produciron en Gran Bretaña a mediados do século XVIII, e que deron lugar a unha nova sociedade. No século XIX, as transformacións económicas, tecnolóxicas e sociais desenvólvense en Alemaña, Xapón e EEUU, é a Industrialización ou Segunda fase da  Revolución Industrial*

1. A revolución Industrial inglesa

a) A revolución demográfica
Desde mediados do XVIII, a poboación europea inicia un crecemento, coñecido como revolución demográfica. Os factores deste crecemento foron o aumento da produción de alimentos e unha mellora da medicina e da hixiene. Debido a isto produciuse un descenso da mortalidade, o que, unido a unha elevada natalidade, da lugar a un aumento da poboación e  a unha esperanza de vida maior.

b) A revolución agrícola
O incremento da poboación provocou unha demanda de alimentos, e polo tanto, un aumento da producción agrícola. Este aumento foi posible: 
- pola innovación que supuxo a supresión do barbeito e a súa sustitución polos cultivos herbáceos cos que alimentar o gando (Sistema Norfolk*), 
- pola mecanización das labores agrícolas (segadoras, sementadoras, novos arados...)
- e pola introducción de novos cultivos como o millo e a pataca

c) As innovacións tecnolóxicas
As máquinas foron sustituíndo o traballo manual, e como consecuencia a progresiva desaparición dos artesáns.Algúns destes avances foron:
A máquina de vapor*, inventada por James Watt. Usaba o carbón como combustible, a máquina é utilizada no ferrocarril e no transporte marítimo.
Na industria textil comezaron a aplicarse a lanzadeira voante, que aumentou a velocidade do proceso do tecido,  as novas máquinas de fiar (Water frame, Mule, Jenny... ) e o tear mecánico que elevaron a produción.
Na industria siderúrxica hai que destacar a utilización por Darby do carbón de coque (permite unha maior produción de ferro), e a invención de Bessemer*, un convertedor para transformar o ferro en aceiro.

d) A revolución dos transportes
O ferrocarril  foi unha gran innovación xa que facilitou o transporte de mercancías abaratando costes. O novo transporte parte da locomotora de Stephenson que accionou o ferrocarril mediante unha máquina de vapor. A primeira liña de pasaxeiros uniu as cidades de Manchester e Liverpool en 1830. Posteriormente, a máquina de vapor aplicouse ao transporte marítimo, os barcos de vapor sustituíron os de vela.

2. A segunda fase da industrialización

A finais do século XIX o mundo entrou nunha nova fase do poceso de industrialización: a Segunda Revolución Industrial. Desenvólvense novas potencias, Alemaña, Xapón e EEUU. Nesta segunda fase da industrialización as características son:

- A utilización de novas fontes de enerxía, é o caso da electricidade e do petróleo que desbancan ó carbón. A invención do dínamo permitiu producir electricidade nas centrais hidroeléctricas, o alternador e o transformador fixeron posible o traslado da corrente eléctrica. A electricidade  tivo múltiples aplicacións na industria, nos transportes (ferrocarriles, tranvías...) e nos novos sistemas de comunicacións (teléfono, telégrafo, radio...) O petróleo comeza a extraerse en EEUU  a mediados do XIX, como combustible para os automóbiles, un medio de transporte fundamental a partir do XX. Outras das innovacións que incorporan  o petróleo son a navegación marítima e a aviación.
- A produción de novos metais como o aceiro inoxidable e o aluminio dan un gran impulso á metalurxia.
- Novos inventos como o automóbil de Henry Ford e  na industria química (dinamita, pesticidas, cemento armado para os rañaceos...)
- Unha nova organización industrial: a fabricación en serie ou en cadea, que diminúe o tempo empregado na fabricación, ademáis de reducir os custos e aumentar a productividade. Este novo método de traballo coñécese como taylorismo ou sistema Taylord. A primeira fábrica en establecer este sistema foi a de automóbiles Ford.
Desenvólvense as primeiras formas de concentración empresarial: o cartel* (acordos entre diferentes empresas), o trust* (fusión de empresas) o hólding* (grupo financeiro que posúe accións) e o monopolio*( dereito exclusivo dunha empresa a comercializar un produto no mercado)

3. As consecuencias da industrialización

a) A economía de mercado. 
Pásase dunha economía de subsistencia ou de autoconsumo á venda en mercados cada vez máis amplos.Os novos transportes facilitaron o comercio nacional e internacional Foméntase o librecambio* (a liberdade de comercio e a libre competencia de produtos), aínda que nalgúns momentos imponse o proteccionismo* (defensa da industria nacional mediante taxas o aranceis sobre as importacións)

b) A nova sociedade industrial
Na nova sociedade as diferencias non se establecen polo nacemento senón por riqueza. Xa non é unha sociedade estamental senón unha sociedade de clases. Esta sociedade divídese en dous grandes grupos: a burguesía e os obreiros
- A burguesía: é a propietaria das industrias e os negocios. A alta burguesía estaba integrada por banqueiros, xente que vivía de rendas e propietarios das grandes fábricas. A pequena burguesía  eran os tendeiros e empregados. Tiñan un bo nivel de vida, moitos con grandes luxos.
- O proletariado*: Son os traballadores das fábricas, era o grupo máis numeroso e desfavorecido. As súas condicións de vida eran bastante malas e pouco hixiénicas. As xornadas laborais eran moi largas, incluso traballaban os nenos. Vivían en barrios insalubres preto das fábricas.

c) O Capitalismo industrial
É o novo modelo económico nacido da Revolución Industrial, desde Gran Bretaña estendeuse a Europa, Xapón e EEUU no século XIX. O Capitalismo parte do liberalismo económico* de Adam Smith: O obxectivo é a procura do máximo beneficio; os prezos dependen ou se adaptan á oferta e a demanda, e o Estado non intervén na economía, ou sexa , a economía está en mans de particulares
Baixo estes principios, o Capitalismo estrutúrase como un sistema no que os medios de produción (fábricas, maquinaria...) son propiedade privada dun grupo reducido, a burguesía. Os traballadores das fábricas, os obreiros, receben un salario.
 
d) A cidade industrial
As cidades experimentan un gran crecemento no século XIX. É debido ao masivo movemento do campo á cidade (éxodo rural), os campesiños buscan traballo nas novas industrias, nas fábricas. Nas cidades industriais atopamos os  barrios burgueses, ben situados, novos, coas facilidades da vida moderna  e con casas luxosas con xardíns que seguen as modas arquitectónicas da época. Os barrios proletarios sitúanse cerca das fábricas, e baixo condicións insalubres, sen os servizos básicos (alcantarillado, electricidade...), dando lugar a enfermidades e epidemias constantes.

e) Movemento obreiro
As condicións de vida e traballo dos obreiros eran moi precarias. As xornadas laborais eran de 12 a 14 horas diarias, os salarios insuficientes, traballaban as mulleres e os nenos por un salario inferior ós dos homes, carecían de condicións hixiénicas nas fábricas  e dunha lexislación que fixase as condicións de traballo. De ahí a reacción crecente dos obreiros, que se asocian para loitar contra esa situación precaria e conseguir melloras. 
- O Ludismo*: é a oposición o maquinismo, considerado o responsable dos baixos salarios e do paro. De ahí que  o principal método de loita sexa a destrucción das máquinas
- O Sindicalismo*: Os sindicatos son sociedades que agrupan aos obreiros, cuns problemas e obxectivos propios (conciencia de clase), para mellorar as súas condicións. As reivindicacións eran a defensa do dereito de asociación, a reducción da xornada laboral, melloras salariais e a regulación do traballo infantil.
- O  Socialismo*: A mediados do XIX, Marx e Engels denuncian a explotación da clase obreira pola burguesía e defenden a necesidade dunha revolución  obreira para destruir o capitalismo. A través da revolución, o proletariado chegaría ao poder político (dictadura do proletariado) e crearía un estado obreiro no que a propiedade pasaría ao Estado.Deste xeito desaparecerían as clases sociais. A finais do século XIX, os partidos socialistas exténdense por Europa e participan na vida política, a favor de lexislacións favorables aos traballadores.
- O Anarquismo*: Os pensadores anarquistas (Koprotkin, Proudhon e Bakunin) critican a propiedade privada, defenden a colectiva, e rexeitan toda autoridade (Estado, Igrexa, Exército). Defenden a acción revolucionaria do campesiñado e do proletariado para destruir o Estado e crear unha sociedade igualitaria. Os anrquistas opoñíanse a toda participación na vida política e á organización dos traballadores en partidos políticos (de ahí o nacemento doutra postura a favor disto: o anarcosindicalismo)
- O Internacionalismo*: Marxistas* e anarquistas defendían a necesidade de unir os esforzos da clase obreira de todo o mundo para loitar contra o capitalismo e as desigualdades. En 1864, Marx crea aI Internacional,  AIT* (Asociación Internacional de Traballadores) que incluía a marxistas, anarquistas e sindicalistas. As diferencias entre eles fixeron fracasar a primeira AIT. A II Internacional (1891) foi xa de signo exclusivamente socialista.

4. O fracaso da Revolución Industrial en España

Os factores do fracaso foron os seguintes:
- A escasa demanda o non existir unha revolución demográfica
- A falla de acumulación de excedentes e capital na agricultura, moi atrasada.
- A falla de innovacións tecnolóxicas.
- A ausencia dunha burguesía inversora, únicamente a burguesía catalana inviste na industria, xa que a antiga nobreza vive de rendas e non ten unha mentalidade empresarial.
- Os costes elevados do transporte das materias primas e a ausencia de fontes de enerxía. Había que comprar o carbón a Inglaterra e isto supoñía uns gastos enormes.
- A tardanza do ferrocarril e a ausencia, polo tanto dun mercado nacional integrado.
- A inestabilidade política do século XIX español e os vaivéns ideolóxicos dos gobernos de diferente signo político.

De todos xeitos sí se observa un importante crecemento industrial en País Vasco e Cataluña e Asturias. En País Vasco desenvólvese a industria siderúrxica, en Cataluña a industria téxtil do algodón e a siderúrxica, e en Asturias a industria do carbón.